Alojamiento

Aldea Porto Martiño

Galería de fotos

Tipo Establecimiento:
Alojamiento
Precio:
95/145
Habitaciones:
4
Plazas:
7
Tipo de Alquiler:
Casa Completa
Teléfono(s):
986211086 607869956


Contacta por e-mail


Dirección:
Porto Martiño, 8
36836 A Lama
(Pontevedra) España

Descripción

Abrimos as portas da Aldea Porto Martiño cumprindo o soño de ofrecer un lugar ideal para reencontrarse coa natureza.
O noso obxectivo é recuperar esta aldea deshabitada e compartila con todos os que aprecian a natureza.
Ven, séntate a carón do lume e goza deste lugar tan particular. Atoparás o descanso e namoraraste da súa máxica paisaxe.
A aldea ten unhas vistas panorámicas privilexiadas da paisaxe da carballeira de Xesta, espazo protexido na Rede Natura 2000 "Serra do Suído" e do val do río Oitavén.
Nos cumes desta serra nacen varios ríos: Oitavén, Avia, Verduxo e Tea, que van formando numerosas freixas e pozas naturais de augas transparentes e fondo rochoso, ideais para o baño.
Unha paisaxe de media montaña onde se intercalan zonas de prados e bosque autóctono, con diferentes espazos para gozar verdadeiramente da tranquilidade e da natureza salvaxe da montaña atlántica.
Xesta é o enclave idóneo para aventureiros, deportistas e amantes da natureza: dende a aldea pódense facer varias rutas para disfrutar da natureza da serra:a Ruta da Freixa (PRG24), Ruta dos Chozos, Foxo do Lobo, e visitar as fervenzas de Liñares e Fírveda, a praia fluvial dos Prados, e actividades de augas bravas.

Servicios

Na aldea dispoñemos de dúas casas de aluguer completo, que ofrecen aloxamento dende 2 a 12 persoas.
Cada unha das casas dispón de xardín independente, barbacoa e mobiliario de xardín.

Cómo Llegar